SUBVERSIONS

Edicións Xerais - 9788483026618

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de SUBVERSIONS

Subversións. Contra o sometemento. Contra a poesía. Contra o poder. Contra as estructuras da lingua. Contra o conformismo. Subversión: poética da liberación. A fin do milenio, a insubmisión, a solidariedade, a lingua, o conflito bélico ou as marxes da noite desfilan polos longos poemas de «Subversións». A subversión como estigma de vida e como xeito de concibir o acto creativo.A subversión é un aturuxo mestizo, profundo e dolorido que sae das entrañas do autor, ateigadas de terra, e sitúanos nunha órbita planetaria desde a que Galicia se ve no Mundo a vista de paxaro.«Subversións», o libro de poemas de Fran Alonso, supón unha entrega coa que o autor, unha das voces máis destacadas da década dos 90, dá un paso adiante na súa identificable arquitectura poética. «Subversións», ademais, recompila neste mesmo volume toda a obra poética de Fran Alonso anterior a 2001 excepto «Cidades».Subversións. Contra o sometemento. Contra a poesía. Contra o poder. Contra as estructuras da lingua. Contra o conformismo. Subversión: poética da liberación. A fin do milenio, a insubmisión, a solidariedade, a lingua, o conflito bélico ou as marxes da noite desfilan polos longos poemas de «Subversións». A subversión como estigma de vida e como xeito de concibir o acto creativo. A subversión é un aturuxo mestizo, profundo e dolorido que sae das entrañas do autor, ateigadas de terra, e sitúanos nunha órbita planetaria desde a que Galicia se ve no Mundo a vista de paxaro.«Subversións», o libro de poemas de Fran Alonso, supón unha entrega coa que o autor, unha das voces máis destacadas da década dos 90, dá un paso adiante na súa identificable arquitectura poética. «Subversións», ademais, recompila neste mesmo volume toda a obra poética de Fran Alonso anterior a 2001 excepto «Cidades».

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483026618

Número de páginas: 192

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 03/09/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Poesía

Alto: 20.0 cm
Ancho: 10.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 100.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Fran Alonso


Fran Alonso (Vigo, 1963) comezou a súa traxectoria como escritor ao gañar o Premio Blanco Amor de Novela en 1991 con «Tráiler» (Xerais). Desde entón publicou novelas, libros de relatos, poesía, literatura infantil, xuvenil e libros de xornalismo. A súa obra está guiada sempre por unha actitude innovadora. En 1994 publicou o libro de relatos «Cemiterio de elefantes» (Xerais, 1994) e logo viñeron a novela «Silencio» (1995-Xerais, 2014), «O brillo dos elefantes» (Xerais, 1999), «Males de cabeza» (Xerais, 2001), «Cartas de amor» (Xerais, 2006), «Ninguén» (Xerais, 2011) e «A punta de pistola» (Xerais 2012), que foi XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, así como as biografías «A vida secreta de María Mariño» (Xerais, 2007), «Folerpas de Novoneyra» (Xerais, 2010) e «A voz que vén da seitura» (libro-CD, 2007). No ámbito do xornalismo, publicou os libros «Territorio ocupado» (Xerais, 1998), «Un país a medio facer» (Xerais, 2008) e «Contesta ou disparo» (e-book, 2011). A súa obra poética deuse a coñecer coa publicación, en 1992, de «Persianas, pedramol e outros nervios» (1992), ao que seguiron «Tortillas para os obreiros» (1996), «Cidades» (Xerais, 1997), «Subversións» (Xerais, 2001), «Balada solitaria» (2004), «O meu gato é un poeta» (libro-CD, Xerais, 2011), «Poemas birollos para ler cos ollos» (Xerais, 2016), «Terraza» (Xerais, 2017), «Transición» (libro-CD, 2011) e «Véndoche un poema» (2025). Tamén é autor da coñecida antoloxía «Poetízate» (Xerais, 2006), que se converteu nun best-seller, e dos álbums ilustrados «A casa da duna» (Xerais, 2002) e «A araña e mais eu» (2009). En 2021 publica o ensaio para lectorado infantil e xuvenil «Douche a miña palabra (Xerais, 2021). Así mesmo é colaborador de diversos medios de comunicación, activista a favor da lectura, realizou o deseño e ilustracións dalgúns dos seus libros e leva a cabo diversos espectáculos poéticos. A súa obra está traducida a varias linguas.
Descubre más sobre Fran Alonso
Recibe novedades de Fran Alonso directamente en tu email

Opiniones sobre SUBVERSIONS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana