📗 Libro en gallego TEN QUE DOER: LITERATURA E IDENTIDADE

Literatura e identidade

Edicións Xerais- 9788497820981

Historia y crítica de la Literatura Estudios e historiografía

Sinopsis de TEN QUE DOER: LITERATURA E IDENTIDADE

Este volume recolle unha ampla escolma de textos ensaísticos de Suso de Toro nos que alenta unha voz coherente e poderosa que, como nun xogo de espellos, vai retomando fíos e tecendo un discurso propio que enfronta aos lectores cos grandes interrogantes sobre a función da literatura e do escritor nun mundo sumido nunha forte crise de valores. Textos nos que autor reivindica a necesidade da literatura como excelsa vía de trascendencia, como medio, imprescindible, de dar sentido á vida. Textos nos que o se avoga polo retorno ás formas puras da traxedia e do drama, ao relato iniciático e a narración case arcaica como formas que poidan garantir o discurso humanista. Un libro inzado de reflexións dolorosas que convida aos lectores aceptar a crise das nosas ideas e crenzas e propón atreverse a pensalas de novo.Este volume recolle unha ampla escolma de textos ensaísticos de Suso de Toro nos que alenta unha voz coherente e poderosa que, como nun xogo de espellos, vai retomando fíos e tecendo un discurso propio que enfronta aos lectores cos grandes interrogantes sobre a función da literatura e do escritor nun mundo sumido nunha forte crise de valores. Textos nos que autor reivindica a necesidade da literatura como excelsa vía de trascendencia, como medio, imprescindible, de dar sentido á vida. Textos nos que o se avoga polo retorno ás formas puras da traxedia e do drama, ao relato iniciático e a narración case arcaica como formas que poidan garantir o discurso humanista. Un libro inzado de reflexións dolorosas que convida aos lectores aceptar a crise das nosas ideas e crenzas e propón atreverse a pensalas de novo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497820981

Idioma: Gallego

Número de páginas: 296

Tiempo de lectura:
7h 1m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/05/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 396.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Suso de Toro


Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.
Descubre más sobre Suso de Toro
Recibe novedades de Suso de Toro directamente en tu email

Opiniones sobre TEN QUE DOER: LITERATURA E IDENTIDADE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana