📗 Libro en gallego TERRA E AUGA

IR INDO - 9788476807316

Historia local de España Galicia

Sinopsis de TERRA E AUGA

“O que me moveu a escribir este libro non foi a nostalxia, senón o deixer constancia dun mundo rural que está a desaparecer e do que os últimos incendios aínda fixeron máis dano”. Así presenta Xosé Lois Ripalda (Erbedeiro, 1940) a súa última publicación, “Terra e Auga”. Editado pola editorial viguesa Ir Indo, fai un compendio do saber popular, principalmente dos camiños, das pontes e das fontes e lavadoiros. “Non so falo dos eidos, tamén o fago das súas xentes”, puntualiza Ripalda para facer un repaso aos oficios tradicionais. O autor, mestre xubilado en Vigo e etnógrafo apaixoado, conxuga no mesmo libro a tradición herdada da súa terra, a Ribeira Sacra, e a da súa dona, a montaña de Monterroso. “Toco aspectos das catro provincias”, sinala. Unha escolma do patrimonio material galego que completa con refráns, cantigas e contos, moitos froito de recollidas e outras de elaboración propia. Vigo está presente no ámbito da auga coas súas fontes históricas: a de Falperra, a da Ribeira, a dos Turnos, a do Anxelote e a da Porta do Sol (O Neptuno que se conserva en Castrelos). Aparecen fontes locais como a de Sárdoma e a de Balaídos sobre leito seco e mesmo lavadoiros, con especial importancia ao da Barroca. Esta publicación, froito de tres anos de traballo, é tamén o resultado da colaboración. Así, a súa sobriña, María José Ripalda, aporta ilustracións e o seu veciño, Xosé Ramón Álvarez do Barrio, fotografías.

Ficha técnica


Editorial: Ir Indo

ISBN: 9788476807316

Idioma: Gallego

Número de páginas: 206
Tiempo de lectura:
4h 51m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 27/11/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Vigo
Ancho: 21.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xose Lois Ripalda


Descubre más sobre Xose Lois Ripalda
Recibe novedades de Xose Lois Ripalda directamente en tu email

Opiniones sobre TERRA E AUGA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana