leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego TONAS DE LARANXA (PREMIO XERAIS 2012)

Edicións Xerais - 9788499144399

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de TONAS DE LARANXA (PREMIO XERAIS 2012)

"Tonas de laranxa", a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora». Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo. A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira. "Tonas de laranxa" bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo."Tonas de laranxa", a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora». Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo. A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira."Tonas de laranxa" bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499144399

Idioma: Gallego

Número de páginas: 168
Tiempo de lectura:
3h 56m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/09/2012

Año de edición: 2012

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 382.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por María Lorenzo Miguéns y Manuel Lorenzo Baleirón


María Lorenzo Miguéns (Tarrío, Dodro, 1986) é licenciada en Comunicación Audiovisual e na actualidade cursa estudos para a obtención do Grao en Mestre de Educación Primaria. Como narradora obtivo en 2001 un accésit no certame Contos para a mocidade de Ourense por «Cabalos azuis» (editado pola Xunta de Galicia en 2002) e en 2007 un accésit no Premio Carlos Casares de microrrelato coa peza «O limoeiro».
Descubre más sobre María Lorenzo Miguéns
Manuel Lorenzo Baleirón (Tarrío, Dodro, 1957) é mestre en Educación Primaria, licenciado en Filosofía e licenciado en Historia da Arte. Traballa como profesor no IES Macías o Namorado de Padrón. Publicou a obra Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga, editada polo Concello de Dodro en 2011.
Descubre más sobre Manuel Lorenzo Baleirón

Opiniones sobre TONAS DE LARANXA (PREMIO XERAIS 2012)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana