Traballo de campo é, dentro da obra poética de Seamus Heaney, unha pérola rara, un libro extravagante que foxe das clasificacións. Nunca antes tentara o autor unificar poemas de procedencias dispares nun libro. Sen embargo, o resultado foi excelente. Traballo de campo abanea entre o espírito sereno dos poemas ó amor e á terra e o ton aflixido e axitado dalgunhas das súas composicións, o que fai del un libro elexíaco, intenso. É a primeira vez que Traballo de campo ve a luz nunha lingua que non sexa o inglés. Dentro da pluralidade temática do libro, sobrancean secuencias como "Tríptico" ou "Sonetos de Glanmore", e o VIII, un dos cumes, xa non da poesía de Heaney, senón da que se leva feito neste século. Un século no que Irlanda deu poetas tan universais como W. B. Yeats e Heaney. Por certo, poucos libros tan irlandeses como Traballo de campo; "A praia do Lago Beg", ou "Baixa", poemas definitivos para entender esa illa afastada e verde, para uns esmeralda, para outros malaquita, e segundo a canción de Wolfestones con maneira de oso de peluche, berce de Seamus Heaney.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483020579
Número de páginas: 134
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/05/2001
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ablativo Absoluto
Ablativo Absoluto
Número: 000001
Especificaciones del producto
Escrito por Seamus Heaney
Seamus Heaney nació en 1939 en Castledawson, condado de Derry, Irlanda. Esconsiderado como uno de los más grandes poetas en lengua inglesa desde la década de1970. Su vasta obra poética y crítica le hizo merecer el premio Nobel de Literatura en 1995, así como el premio Truman Capote en 2003.