Universo Cunqueiro é unha obra na que se reúnen unha serie de traballos dispersos de Álvaro Cunqueiro de diversa natureza e temática, compostos polo escritor mindoniense durante un período que vai desde 1941 ata 1986. Nuns casos trátase de textos escritos: prólogos, artigos ou capítulos de libros selectivos, e noutros de conferencias, é dicir, de textos orais. Uns e outros teñen en común a vocación culturalista e o afán de erudición tan característicos do gran narrador de mediados de século. Para os textos en castelán recorreuse á tradución deste ó galego; este labor foi levado a cabo por Concha Martínez Mayo e Maricarme García Ares, mentres que para os textos en galego procurouse ser o máis fiel á lingua cunqueiriana, especialmente no que ó léxico se refire. Do prólogo da obra, que leva por título "O Cunqueiro máis sabio", encargouse Fernando Ónega e nas súas palabras este libro trátase do "Cunqueiro menos coñecido: o Álvaro Cunqueiro que en cada páxina desta obra nos dá unha lección de sabedoría e capacidade de recuperación da historia, dos seus mitos e ata das súas supersiticións" ¿Como chamar a este Cunqueiro? En pate é o mesmo xornalista dos seus artigos, pero só en parte, pois nesta obra supérase xa que ten asomos de cronista do seu tempo e pegadas de historiador. É un Cunqueiro novo pois é un crítico literario pero aquí mergúllase máis na psicoloxía do personaxe que na súa forma de expresión. Este sorprendente Cunqueiro podería definirse coma unha mestura de sociólogo e antropólogo, situado nesa fronteira onde empeza a maxia e remata o realismo do século que lle tocou vivir.
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478244768
Idioma: Gallego
Número de páginas: 150
Tiempo de lectura:
3h 30m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/12/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: A Coruña
Especificaciones del producto
Escrito por Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro (1911-1981) fue un escritor extraordinariamente dotado. Ejerció el periodismo y la literatura en sus más variadas formas (cronista, poeta, novelista, dramaturgo...). Su pluma es de las más personales, seductoras y eruditas, tanto de la literatura en lengua galega como en castellana.