Unha novela que se desenvolve nun mundo futuro, hipotético pero xa posible, no que a ciencia venceu á morte.Os privilexiados habitantes da Zona A teñen dereito á inmortalidade, pero estalles prohibido ter fillos. Un importante político está no cárcere por ter desobedecido esa norma fundamental. Alí vaino visitar Adela, unha psicóloga penitenciaria encargada de estudar as razóns desa conduta.
Ficha técnica
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788482884431
Número de páginas: 112
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/05/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Es
Peso: 120.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Beatriz García Turnes
Beatriz García Turnes naceu en Santiago de Compostela en 1973 e actualmente vive en Teo. É filóloga e profesora. Escribe dende a adolescencia e, no ámbito da ficción, publicou o discurso "Os mellores agasallos" do «Libro dos Reis Magos» (2012), o libro de contos «Comando Sintrom» (2024) e tres novelas xuvenís: «Valdamor» (2001), que foi premio Lecturas da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix); «O ouro das lúas» (2018) e «Esta noite hei de ir a verte» (2021). Tamén ten publicados libros e artigos relacionados co seu traballo de lingüista. En 2024 publicou «A maldición do papiro alexandrino» na colección Fóra de xogo de Xerais.