Coa súa habitual destreza de narrador, Darío Xohán Cabana ofrécenos nestas Vidas senlleiras cinco magníficos relatos que reconstrúen a vida singular de cinco personaxes, cinco heroes solitarios e epopeicos marcados por unha desmesurada vocación ou por un irrefreable destino. Un militante comunista que foxe da barbarie franquista; un Rubén transformado en Robinsón de auga doce; unha muller mariñeira con catro fillos, viúva da Guerra Civil, que se defende a tiros... son algúns dos inesquecibles personaxes deste libro, individuos empuxados por unha forza descoñecida que defenden o seu propio orgullo no medio dunha natureza implacable. Con arrecendos á literatura de Álvaro Cunqueiro e de Italo Calvino, Darío Xohán Cabana parte da tradición oral para tecer estes relatos nostálxicos onde o realismo e a fantasía estreitan as súas mans case imperceptiblemente, creando mundos dunha maxia engaiolante e poderosa.III PREMIO CIDADE DE LUGOCoa súa habitual destreza de narrador, Darío Xohán Cabana ofrécenos nestas Vidas senlleiras cinco magníficos relatos que reconstrúen a vida singular de cinco personaxes, cinco heroes solitarios e epopeicos marcados por unha desmesurada vocación ou por un irrefreable destino. Un militante comunista que foxe da barbarie franquista; un Rubén transformado en Robinsón de auga doce; unha muller mariñeira con catro fillos, viúva da Guerra Civil, que se defende a tiros... son algúns dos inesquecibles personaxes deste libro, individuos empuxados por unha forza descoñecida que defenden o seu propio orgullo no medio dunha natureza implacable. Con arrecendos á literatura de Álvaro Cunqueiro e de Italo Calvino, Darío Xohán Cabana parte da tradición oral para tecer estes relatos nostálxicos onde o realismo e a fantasía estreitan as súas mans case imperceptiblemente, creando mundos dunha maxia engaiolante e poderosa.III PREMIO CIDADE DE LUGO
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497823005
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Tiempo de lectura:
3h 21m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/07/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 231.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Darío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.