📗 Libro en gallego ZOOMMM

TEXTOS BIONICOS

Edicións Xerais - 9788497829748

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de ZOOMMM

No século XXI, finxir dar vida foi un dos cometidos principais daqueles que traballaban nesa trampa oblicua chamada arte: a creación de personaxes semellaba un eixe fundamental na novela, esa simulación tamén se atopaba no deber dun bo actor, dun guionista, dun realizador de cine, un fotógrafo, un debuxante de cómics... No século XXI, procurar vida foi un dos cometidos principais daqueles que se dedicaban a esa fe experimental chamada ciencia: a medicina, a investigación no xenoma, a astrofísica, a matemática agochada nos patróns de crecemento vexetal e animal, a arquitectura orgánica... No século XXI, aplicar un zoom nos textos das criaturas humanas revelaría unha ambición de alquimista: transmutarse en vida. En memoria.Vingadora da mortalidade. Zoommm, o poemario de Estíbaliz Espinosa, achégase con torpeza humana ás relacións incestuosas entre texto e vida, linguaxe da máquina e linguaxe lírica, e a ese antigo desexo infantil de que o que leamos se transfigure en nós, electrice a nosa medula, siga o noso ritmo vascular, volva parte de nós ou nós dela. Somos o que foron outros. Se somos o que comemos, somos o que lemos.


Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497829748

Idioma: Gallego

Número de páginas: 96

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/03/2009

Año de edición: 2009

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 158.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Estíbaliz Espinosa


Estíbaliz... Espinosa (raza humana, B+ para un xaponés, tigre para un chinés) naceu e vive na Coruña. Dedícase á escrita e ao canto. Tamén traballa como actriz de teatro e é profesora nunha escola de publicidade. Estudou socioloxía e filoloxía na UDC. Como poeta, publicou Pan [libro de ler e desler], 2000 (Premio Esquío 1999); -orama, 2002; número e, 2004 (Premio Espiral Maior 2001). Unha parte de -orama recibíu o Díaz Xácome de Novos Creadores en 2001. En 2006 foi premiada polo Concello de Tarragona no seu I Certame de Podcasts. Desde 2005 é responsable de varios blogs na rede, entre eles ...mmmm... en http://www.estibalizes.wordpress.com
Descubre más sobre Estíbaliz Espinosa
Recibe novedades de Estíbaliz Espinosa directamente en tu email

Opiniones sobre ZOOMMM


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana