Manuel Antonio (Manuel Antonio Pérez Sánchez) (Rianxo, 1900-1930), orfo de pai desde os catro anos, pasou a maior parte da súa infancia en Iria Flavia e Padrón. Estudiou o Bacharelato en Compostela, onde entrou en contacto co republicanismo e iniciou a súa militancia galeguista. Na mesma cidade comezaría a carreira de Filosofía e Letras, que abandonou para seguir os estudios de piloto na Escola Náutica de Vigo. Desde moi novo, a política formou parte das súas inquedanzas. Tras entrar en contacto cos movementos agraristas de loita anticaciquil, toma consciencia da realidade do país e asume un nacionalismo apaixonado. Despois de ler a vangarda europea e de coñecer o saudosismo portugués e mais o ahikú xaponés, guiado por Risco, en xuño de 1922 asinaba, xunto co artista plástico Álvaro Cebreiro, o manifesto ¡Máis alá!. Nel propugnaban o uso exclusivo do galego e a independencia da nosa literatura a respecto da española, rexeitando igualmente o estancamento da produción máis recente na tradición decimonónica. O manifesto, dirixido fundamentalmente á mocidade intelectual e que quería servir de auténtico revulsivo para o sector máis conservador do galeguismo, non chegou a desencadear a polémica que os autores desexaban. É o poeta vangardista máis orixinal da literatura galega, cun único libro publicado en vida, ''De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo'' (1928, Xerais 1989), que tardaría moitos anos en deixar pegadas noutras xeracións literarias. En 1972, García Sabell deu a coñecer o resto da produción poética de Manuel Antonio: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais dispois e mais Viladomar.
Recibe novedades de MANUEL ANTONIO directamente en tu email
Manoel Antonio nació en Rianxo ( La Coruña) en 1900 y allí mismo murió antes de cumplir los 30. De Cuatro a Cuatro significa una ruptura programada y consciente con la poesía de Pondal, Curros y Rosalia de Castro, en busca de un europeismo poetico que parte de Apollinaire, Huidobro y los ultraistas. De Cuatro a Cuatro es no solo uno de los mas importantes libros de la lirica gallega, sino una de las cimas de la poesia vanguardista.
Foulas, o poemario de Manoel Antonio nunca editado ata o de agora de forma independiente ve a luz na colección Dombate como obra autónoma con identidade de seu. Manoel Antonio é o poeta galego da renovacion, da modernidade e da vangarda. A sua obra esta considerada un dos meirandes achados da poesia galega da primeira metade do seculo XX. O autor deixou este libro entre os seus ineditos e, posteriormente, Domingo Garcia-Sabell incluiuno na sua edicion da obra do poeta rianxeiro, publicada no ano 72 tamen por Galaxia. A coleccion Dombate recuperao para non perder unha obra que considera fundamental para un mellor coñecemento da poesia galega, unha obra que influe nos poetas de hoxe e configura unha poesia en continuo proceso de renovacion e arrequentamento. A poesia de Manoel Antonio e coma unha fulguracion, a loita do poeta cos limites da palabra. Foulas e un libro singular no que o autor comeza a experimentar coa disposicion visual do texto en caligramas, no que xorde unha nova forma de concibir a paisaxe e que ofrece unha reelaboracion orixinal da tradicion popular.A obra de Manoel Antonio e unha das mais orixinais e anovadoras de toda a moderna tradicion poetica galega.
«De catro a catro» é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas.Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antoni