leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego DE CATRO A CATRO

Edicións Xerais - 9788411102261

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de DE CATRO A CATRO

«De catro a catro» é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas.

Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas. Manuel Antonio asumiu a vangarda como a única posibilidade de escribir poesía no seu tempo e, en palabras de X. L. Méndez Ferrín, humaniza os seus poemas a partir dunha «profunda vivencia do mar, da soidade individual e dos obxectos». Xerais publica «De catro a catro» na colección de Poesía desde o limiar de Ismael Ramos, que deita unha mirada fresca e profunda dun libro imperecedoiro.Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas. Manuel Antonio asumiu a vangarda como a única posibilidade de escribir poesía no seu tempo e, en palabras de X. L. Méndez Ferrín, humaniza os seus poemas a partir dunha «profunda vivencia do mar, da soidade individual e dos obxectos». Xerais publica «De catro a catro» na colección de Poesía desde o limiar de Ismael Ramos, que deita unha mirada fresca e profunda dun libro imperecedoiro.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411102261

Idioma: Gallego

Número de páginas: 88

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/11/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 140.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por MANUEL ANTONIO


Manuel Antonio (Manuel Antonio Pérez Sánchez) (Rianxo, 1900-1930), orfo de pai desde os catro anos, pasou a maior parte da súa infancia en Iria Flavia e Padrón. Estudiou o Bacharelato en Compostela, onde entrou en contacto co republicanismo e iniciou a súa militancia galeguista. Na mesma cidade comezaría a carreira de Filosofía e Letras, que abandonou para seguir os estudios de piloto na Escola Náutica de Vigo. Desde moi novo, a política formou parte das súas inquedanzas. Tras entrar en contacto cos movementos agraristas de loita anticaciquil, toma consciencia da realidade do país e asume un nacionalismo apaixonado. Despois de ler a vangarda europea e de coñecer o saudosismo portugués e mais o ahikú xaponés, guiado por Risco, en xuño de 1922 asinaba, xunto co artista plástico Álvaro Cebreiro, o manifesto ¡Máis alá!. Nel propugnaban o uso exclusivo do galego e a independencia da nosa literatura a respecto da española, rexeitando igualmente o estancamento da produción máis recente na tradición decimonónica. O manifesto, dirixido fundamentalmente á mocidade intelectual e que quería servir de auténtico revulsivo para o sector máis conservador do galeguismo, non chegou a desencadear a polémica que os autores desexaban. É o poeta vangardista máis orixinal da literatura galega, cun único libro publicado en vida, ''De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo'' (1928, Xerais 1989), que tardaría moitos anos en deixar pegadas noutras xeracións literarias. En 1972, García Sabell deu a coñecer o resto da produción poética de Manuel Antonio: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais dispois e mais Viladomar.
Descubre más sobre MANUEL ANTONIO
Recibe novedades de MANUEL ANTONIO directamente en tu email

Opiniones sobre DE CATRO A CATRO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana