Foulas, o poemario de Manoel Antonio nunca editado ata o de agora de forma independiente ve a luz na colección Dombate como obra autónoma con identidade de seu.
Manoel Antonio é o poeta galego da renovación, da modernidade e da vangarda. A súa obra está considerada un dos meirandes achados da poesía galega da primeira metade do século XX. O autor deixou este libro entre os seus inéditos e, posteriormente, Domingo García-Sabell incluíuno na súa edición da obra do poeta rianxeiro, publicada no ano 72 tamen por Galaxia. A colección Dombate recupérao para non perder unha obra que considera fundamental para un mellor coñecemento da poesía galega, unha obra que inflúe nos poetas de hoxe e configura unha poesía en continuo proceso de renovación e arrequentamento. A poesía de Manoel Antonio é coma unha fulguración, a loita do poeta cos límites da palabra. Foulas é un libro singular no que o autor comeza a experimentar coa disposición visual do texto en caligramas, no que xorde unha nova forma de concibir a paisaxe e que ofrece unha reelaboración orixinal da tradición popular.A obra de Manoel Antonio é unha das máis orixinais e anovadoras de toda a moderna tradición poética galega.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482887272
Idioma: Gallego
Número de páginas: 72
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/10/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Es
Colección:
Dombate (Poesía)
Dombate (Poesía)
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por MANUEL ANTONIO
Manuel Antonio (Manuel Antonio Pérez Sánchez) (Rianxo, 1900-1930), orfo de pai desde os catro anos, pasou a maior parte da súa infancia en Iria Flavia e Padrón. Estudiou o Bacharelato en Compostela, onde entrou en contacto co republicanismo e iniciou a súa militancia galeguista. Na mesma cidade comezaría a carreira de Filosofía e Letras, que abandonou para seguir os estudios de piloto na Escola Náutica de Vigo. Desde moi novo, a política formou parte das súas inquedanzas. Tras entrar en contacto cos movementos agraristas de loita anticaciquil, toma consciencia da realidade do país e asume un nacionalismo apaixonado. Despois de ler a vangarda europea e de coñecer o saudosismo portugués e mais o ahikú xaponés, guiado por Risco, en xuño de 1922 asinaba, xunto co artista plástico Álvaro Cebreiro, o manifesto ¡Máis alá!. Nel propugnaban o uso exclusivo do galego e a independencia da nosa literatura a respecto da española, rexeitando igualmente o estancamento da produción máis recente na tradición decimonónica. O manifesto, dirixido fundamentalmente á mocidade intelectual e que quería servir de auténtico revulsivo para o sector máis conservador do galeguismo, non chegou a desencadear a polémica que os autores desexaban. É o poeta vangardista máis orixinal da literatura galega, cun único libro publicado en vida, ''De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo'' (1928, Xerais 1989), que tardaría moitos anos en deixar pegadas noutras xeracións literarias. En 1972, García Sabell deu a coñecer o resto da produción poética de Manuel Antonio: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais dispois e mais Viladomar.