Manuel Lueiro Rey


Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes 1916-O Grove 1990) estivo sempre comprometido coas ideas democráticas e militou clandestinamente no Partido Comunista. Desenvolveu unha abondosa produción literaria iniciada en 1950. En 1966 consegue o Premio Ciudad de Oviedo con Manso, novela que se publicará censurada en España, traducida íntegra ao galego en 1996. En 1968 editouse en Buenos Aires Vicente y el otro, e a partir de entón publicou, entre outros, La noche espera el alba (1971), Un tempo de sol a sol (1971), Non debían medrar (1974, Xerais 2016), Escolma ferida (1977), O sol na crista do galo (1982, Xerais 2003), Crónica de una transición intransigente (1985) ou Nova escolma ferida (1988). Postumamente publicáronse, entre outros, Camino de sueños (1992), Memoria de la raíz de las casas (1992) ou Derradeira escolma ferida (Xerais 2003), así como o libro O Grove: canción do sal e do vento (Xerais 2005).
Recibe novedades de MANUEL LUEIRO REY directamente en tu email
Del 1 al 5 de 5
O GROVE: CANCION DO SAL E DO VENTO

XERAIS 9788497823814


O SOL NA CRISTA DO GALO

Edicións Xerais 9788483029688


MANSO

Editorial Galaxia, S.A. 9788482880907


DERRADEIRA ESCOLMA FERIDA

Edicións Xerais 9788483028964


NON DEBIAN MEDRAR

Edicións Xerais 9788491210719


Del 1 al 5 de 5