📗 Libro en gallego O SOL NA CRISTA DO GALO

Edicións Xerais- 9788483029688

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O SOL NA CRISTA DO GALO

O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916-0 Grove, 1990) é o libro de relatos dun autor que seguiu unha carreira literaria singular. Colaborador asiduo da prensa galega, poeta e narrador de ahondosa producción, Lueiro viviu sempre preto do compromiso e da insubornabilidade ás súas ideas democráticas e progresistas. Este volume reflicte parte da súa biografia, que é ao tempo a de varias xeracións, marcada pola vivencia dos días convulsos da guerra civil e a posguerra. Pero Lueiro tamén deixa nesta obra boa mostra do seu estro creativo que afonda na infancia como espello da inocencia do home, que se achega ao lirismo como expresión da súa sensibilidade e que bebe na propia realidade, vernizada desde a perspectiva de quen entende a literatura como vida e a vida como fonte de literatura.O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes, 1916-0 Grove, 1990) é o libro de relatos dun autor que seguiu unha carreira literaria singular. Colaborador asiduo da prensa galega, poeta e narrador de ahondosa producción, Lueiro viviu sempre preto do compromiso e da insubornabilidade ás súas ideas democráticas e progresistas. Este volume reflicte parte da súa biografia, que é ao tempo a de varias xeracións, marcada pola vivencia dos días convulsos da guerra civil e a posguerra. Pero Lueiro tamén deixa nesta obra boa mostra do seu estro creativo que afonda na infancia como espello da inocencia do home, que se achega ao lirismo como expresión da súa sensibilidade e que bebe na propia realidade, vernizada desde a perspectiva de quen entende a literatura como vida e a vida como fonte de literatura.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483029688

Idioma: Gallego

Número de páginas: 320
Tiempo de lectura:
7h 36m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 05/03/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 330.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Lueiro Rey


Manuel Lueiro Rey (Fornelos de Montes 1916-O Grove 1990) estivo sempre comprometido coas ideas democráticas e militou clandestinamente no Partido Comunista. Desenvolveu unha abondosa produción literaria iniciada en 1950. En 1966 consegue o Premio Ciudad de Oviedo con Manso, novela que se publicará censurada en España, traducida íntegra ao galego en 1996. En 1968 editouse en Buenos Aires Vicente y el otro, e a partir de entón publicou, entre outros, La noche espera el alba (1971), Un tempo de sol a sol (1971), Non debían medrar (1974, Xerais 2016), Escolma ferida (1977), O sol na crista do galo (1982, Xerais 2003), Crónica de una transición intransigente (1985) ou Nova escolma ferida (1988). Postumamente publicáronse, entre outros, Camino de sueños (1992), Memoria de la raíz de las casas (1992) ou Derradeira escolma ferida (Xerais 2003), así como o libro O Grove: canción do sal e do vento (Xerais 2005).
Descubre más sobre Manuel Lueiro Rey
Recibe novedades de Manuel Lueiro Rey directamente en tu email

Opiniones sobre O SOL NA CRISTA DO GALO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana