A empanada é un símbolo da mellor cociña de Galicia. É, abofé, un signo de identidade. Xenerosa, saborosae farturenta, pola empanada identifícannos como galegos de aquí á fin do mundo. De raxo, de xoubas, de polo, de ameixas, de bacallao con pasas, de lamprea, de millo con chocos, de centeo con sardiñas, de carne, de roxons, de millo con zamburiñas, de vieiras, a costrada, as de cu de tarteira..., son os mil traxes que ela ten para se vestir nas festas, nas romerias, nas celebracions domesticas ou nos mellores restaurantes. Por iso e o producto galego mais universal.Fina Casalderrey e Mariano Garcia percorreron o pais na procura das mellores empanadas de Galicia, pescudando na nosa historia e na nosa cultura para escribir este libro que arrinca no Portico da Gloria ou nos Cancioneiros Medievais e chega os nosos dias.¡Unha viaxe fascinante!A sua cultura, a sua historia, os amoados, as zaragalladas, os guisos e mexunxes, os amasados, fermentos e fariñas, a preparacion, os mellores trucos, as suas receitas, mesmo a sua conxelacion; todo esta neste libro co que os autores pasaran de seguro a convertirse nas primeiras autoridades deste prato rei da cociña galega.
Ver más