Sinopsis de REPOSTERIA EN GALICIA: LAMBETADAS DE ONTE A HOXE (4ª ED. ACTUALIZ ADA)
¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía. Desde os doces sinxelos que se poden facer na casa, sen precisar experiencia na cociña, aos de maior complexidade na súa elaboración, e desde os sabores de longa tradición aos máis innovadores, toda a repostería do país se dá cita nestas páxinas.
Logo dun minucioso traballo de investigación, que levou os autores a percorrer física e bibliograficamente Galicia, aquí está o resultado; un libro esencialmente práctico que se divide en catro partes: unha historia da repostería en Galicia; trucos e advertencias; cremas, masas e outros complementos; e un impresionante inventario de 219 receitas, acompañadas dun pequeno comentario sobre a orixe, evolución e características do prato. As rosquillas, as deliciosas canas fritas, o clásico roscón, os melindres, a gorentosa bica, as natillas, os biscoitos, as chulas, os amendoados, a marmelada, a torta de chicharróns, as orellas, o arroz con leite, o queixo de tetilla, o flan de ovo, as papas de millo...
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497824194
Idioma: Gallego
Número de páginas: 344
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/02/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Es
Colección:
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Gastronomía
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Gastronomía
Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 533.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Fina Casalderrey y Mariano García
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é mestra e escritora cunha ampla obra escrita para nenos e mozos. É membro da Real Academia Galega. Para o público infantil publicou, entre outras: «Dúas bágoas por Máquina» (Xerais 1992-2025), novela, premio Merlín de Literatura infantil 1991; «A noite dos coroides» (1993), novela; «Chamizo» (Xerais 1994), novela; «¡Asústate, Merche!» (Xerais 1994), novela; «O misterio dos fillos de Lúa» (1995), novela, Premio Barco de Vapor 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996; «O estanque dos parrulos pobres» (1996), novela, premio Edebé de Literatura Infantil 1996; «Prohibido casar, papá!» (1996), novela, Lista de The White Ravens 1998; «¡Puag, que noxo!» (1997), conto; «Podesvir» (1997), conto; «Unha raíña negra» (1998), conto; «Cuca e o abrigo marrón» (1998), conto; «Nolo e os ladróns de leña» (1998), conto; «Ás de mosca para Anxo» (1998, Xerais 2002), novela; «Pimpín e dona gata» (1999), conto; «O misterio do cemiterio vello» (1999), novela; «Unha pantasma branca» (2001), conto; «O avó é sabio» (2002), conto; «O avó sae de paseo» (2002), conto; «A avoa non quere comer» (2002), conto; «A avoa ten unha menciña» (2002), conto; «Derradeira carta ós Reis Magos» (Xerais 2002), conto; «Eu son eu» (Xerais 2004), conto; «¿Quen me quere adoptar?» (Xerais 2005), conto; «O meu avó é unha gata» (Xerais 2005); «A lagoa das nenas mudas» (Xerais 2007), novela; «A Pomba e o Degolado» (Xerais 2007), novela; «¿E ti que farías por min?» (Xerais 2010), conto; «Un saco de estrelas» (Xerais 2010), conto; «O misterio do Faro Vello» (Xerais 2012), novela. Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano, 2006; «Historia da bicicleta dun home lagarto» (Xerais 2014) e «O xenio da Cidade do Sal» (Xerais 2021). É coautora, xunto con Marilar Aleixandre, de «María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco» (Xerais 2018). En 2019 publica o álbum, ilustrado por Lucía Cobo, «A furgoneta branca» (Xerais 2019). «A Muller Xabaril» (Xerais 2023) é a súa primeira novela na colección Narrativa.
Mariano García é profesor e especialista en temas gastronómicos. É coautor, xunto á escritora Fina Casalderrey, dos seguintes libros: O libro da empanada (Xerais 1993, 2006), Festas gastronómicas de Galicia (Xerais 1994) e Repostería en Galicia (Xerais 1997, 2006), labor polo que recibiron o Premio Gastronómico Álvaro Cunqueiro do ano 1999.