Na actualidade, e de xeito xeneralizado, entendemos que a palabra sopa se refire a todos aqueles pratos que, cunha porcentaxe elevada de líquido e con máis ou menos corpos sólidos flotantes ou mergullados, comen con culler. Asi, unha palabra que etimoloxicamente explicaba un so concepto concreto, neste caso anaco de pan empapado de liquido, do xermanico Suppa, pasou ao longo do tempo a acaparar varios significados. Actualmente non so entendemos por sopas aquelas nas que interven o pan, senon todo tipo de pures, sopas de verduras vistas, sopas a base de caldo, de arroz, de pasta, de legumes etc. No entanto, en galego distinguese esta palabra doutra moi coñecida, pote ou pucheiro. Se tivesemos que dicir cal e o prato mais universal, xeral e remoto de todos os que existen nas diferentes culturas do mundo, deberiamos concluir que e a sopa, a sopa entendida como un liquido aromatizado que inclue diferentes produtos. Seguramente por estas mesmas caracteristicas, sufriu unha evolucion que a diversificou, polo que temos desde os exemplos de sopas doces da Idade Media ate as dos seculos XVIII-XIX, das que ainda quedan restos nalgun exemplo tradicional, ou as sopas de influencia doutras culturas, como as cremas e as frias, mais modernas. As sopas son unha boa achega a dieta desde o punto de vista nutritivo. O feito de combinar diferentes produtos fai que se mesturen tamen diversas substancias interesantes na alimentacion. As mais recomendables son as mais sinxelas, aquelas que incluen pan, arroz, legumes, fideos ou pataca xunto con verduras. Estes elementos conteñen fibra, moitas proteinas, hidratos de carbono, no caldo que soltan hai numerosos minerais e, o que e mais importante, a ausencia de graxa animal. As sopas condimentadas con carnicos ou base de caldo, en cambio, achegan mais cantidade de graxa no prato.
Ver más