Publicadas por vez primeira no ano 1876, a maioría das aventuras descritas neste libro ocorreron realmente; unha ou dúas foron experiencias propias do autor e, o resto, de rapaces con discípulos seus. O escritor conta o que viu, tal vez como quen desexa que aquilo narrado sexa o mundo feliz de todolos seus lectores: conservar para sempre esa epoca da vida na que todo rapaz desexa con ardor sair a calquera parte e desenterrar un tesouro escondido.