Tras Asasinato na Casa Rosa, Arantza Portabales regresa cun novo caso da agora detective Iria Santaclara e o comisario xubilado César Araujo. Volvemos a Loeiro, onde en 1984 acontece unha matanza no muiño do Cura que trae as suas consecuencias ata o presente, cando, unha muller, Alba Mariño, chega a vila na procura de repostas sobre un pasado que lle roubaron e do que descoñece todo, agas a marca indeleble que deixou na sua vida. Santaclara e Araujo, coa inestimable colaboracion de Sinda, a Gestapo, axudaran a Alba a desentrañar o sanguento misterio arredor do seu pasado e bateran coas sinistras irmas Freijomil, netas do cura, e coa vella historia da morte da sua sobriña Berta sendo nena, crime que nunca se resolveu. E asi, en Loeiro, o pacto de silencio entre os veciños vai rachando ata que, nun final trepidante, faise a luz entre as sombras dun pasado cruento que implica a moitos mais dos que pensabamos.
Desde a tenrura, a ilusión e a reflexión, «Pai» explora a aventura da crianza dun fillo neste mundo actual cheo de incertezas. As preguntas, as dúbidas, os medos e os descubrimentos do fillo e do pai
A novela que iniciou o fenómeno María Oruña e a exitosa serie Valentina Redondo chega por primeira vez en galego. Un descubrimento inesperado nunha antiga vivenda saca á luz un segredo enterrado dur