Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver a sua terra natal. Ali descubrira asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado; coñecera a Merceditas, unha rabuda octoxenaria; a Irene, unha atractiva e enigmatica veciña; a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede.Maria Solar ofrecenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o exito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar e unha lei da natureza.
Un día de festa e verán, Marina queda prendida na mirada dun home e sente como lle aparecen arañiñas na pel. A pesar de que é vinte anos máis vello, a moza atopa nel a parella ideal. Pero axiña descubrira que unha casa pode gardar dentro de si un inferno.O debu de Lucia Solla Sobral gaña publico e admiracion dia tras dia pola sua gran capacidade de relatar unha situacion moi habitual no tempo de hoxe cunha linguaxe proxima e de gran pegada poetica.