O fotógrafo Cristovo do Val, fuxindo da dolorosa experiencia do desamor, mergúllase nas desoladas ruelas de Areaquente, un páramo baleiro, devorado pola seca e polas tormentas de area; Areaquente, un mundo propio forxado por personaxes que vagan nun antes, nun durante en un despois perpetuos, nesa irrealidade real de ficcion e verdade, maxistralmente ben tecida por An Alfaya, quen, palabra a palabra, nos conduce polos camiños da dor eterna, da soidade e do illamento dos seres do paramo. Asi, a traves da historia dos amores cruzados entre Bernarda, Filomena, Primitivo, Elixio e Aurelio, espectros nun mundo sen tempo, asistimos aos seus soños, temores, angustias, traizons e lembranzas para decatarnos de que todo e arrastrado cara ao nada, cara ao lado escuro dese espazo que se transformou en luz. Precisamente sera con esa luz coa que debuxe as imaxes Cristovo do Val, eterno buscador de fotos con cheiro. Esta obra foi elixida gañadora do Premio Lueiro Rey de Novela Curta, organizado polo Concello do Grove, por un xurado presidido por Manuel Quintans Suarez, e do que formaron parte Francisco Martinez Bouzas, Armando Requeixo Cuba, Anxela Gracian e Ramon Caride Ogando, gañador da convocatoria anterior, actuando como secretario, con voz e sen voto, Anton Mascato, concelleiro de Cultura, e que se reuniu no Grove o dia 6 de abril do 2009.
Ver más