Edítanse por fin en galego, a lingua na que foron escritas, as tres primeiras obras teatrais de Andrés Pociña, todas elas xa publicadas en español, italiano, e portugués. As tres foron representadas en España, Italia e Portugal, mais ningunha probou fortuna deica agora en terras galegas.Medea en Camariñas, estreada en 2005, vai camiño das cen representacions, en cinco montaxes distintos. Consiste no monologo dunha Medea xa vella, que explica por si mesma os feitos da sua existencia as mulleres de Camariñas que estan lavando nun daqueles lavadoiros de antes.Unha tardiña en Mitilene, que principia o seu andar escenico co titulo Atardecer en Mitilene en 2010, levanos as conversas da poeta Safo coas discipulas que viven con ela, e ouvimos o que falan sobre poesia, musica, politica, amizade, amor, e dicir, a vida. Cousas e ideas doutros tempos, sempre vixentes hoxe en dia.Antigona ante os xuices foi estreada en 2017, en italiano, nun lugar excepcional, o Mausoleo de Ciceron en Formia (Italia). Tratase dunha vision nova, da mais exemplar rapaza da mitoloxia antiga, enfrontandose a un tribunal e ao pobo de Tebas, para defender con enerxia o seu comportamento.A preparacion desta primeira edicion galega conxunta foi posible grazas a amizade e xenerosidade da Dra. Maria Teresa Amado Rodriguez, prestixiosa helenista da Universidade de Santiago de Compostela, ben coñecida polos seus traballos de todo tipo sobre as literaturas grega e galega.
Ver más