Diégane Latyr Faye, escritor senegalés emigrado en París, descobre o mítico libro O labirinto do inhumano, publcado no 1938, que convertera nun maldito o seu autor, T. C. Elimane, polas acusacións de plaxio. Fascinado por el, Faye pescuda o seu rastro a traves dos relatos das persoas que o coñeceron e o amaron.Esta novela lese como un policial literario, unha viaxe de Francia a Arxentina de Amsterdam ao Senegal, mais tamen como un canto ao poder das letras para cambiar as nosas vidas e estiñar a dor, como un canto moi fermoso a vida, aos seus segredos e a sua fugacidade. Como unha profunda reflexion sobre a relacion entre as culturas africanas e a Europa que as colonizou.
A emigración foi ata hai pouco unha viaxe natural dos galegos. Detrás do verde intenso dos fentos e dos toxos, detrás do verde gris das ondas do oceano, os emigrantes buscaron en America e logo nos paises prosperos da Europa do seculo XX, os lugares aos que os empurrou a necesidade de mellora economica e a adversidade das circunstancias sociais. No pulo da epica de enfrontarse a vivencias alleas a sua idiosincrasia, non soamente souberon vivir coa dignidade do traballo -incorporaronse as novas nacionalidades cunha mimetica axeitada-, se non que, ademais, foron quen de manter sempre a sua identidade. E volveron. Moitos regresaron. Esta e unha historia de "indianos", os que regresaron a nosa terra dos paises de America.