Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que e o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a ultima xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio e preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia musica ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningun son. E neses hiatos onde MK remexe na sua cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Tamil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metropole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compon e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na musica dos seres vivos.Despois de En vias de extincion, A musica dos seres vivos abre o Ciclo dos elementos, ao que tamen pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso e MK, personaxe secundaria de En vias de extincion, quen deixa soar a sua historia en cada corte do album que marca a sua vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguira avanzando en futuras novelas, permitira acceder a visions cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A musica dos seres vivos e unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das suas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo.Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que e o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a ultima xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio e preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia musica ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningun son. E neses hiatos onde MK remexe na sua cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Tamil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metropole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compon e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na musica dos seres vivos.Despois de En vias de extincion, A musica dos seres vivos abre o Ciclo dos elementos, ao que tamen pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso e MK, personaxe secundaria de En vias de extincion, quen deixa soar a sua historia en cada corte do album que marca a sua vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguira avanzando en futuras novelas, permitira acceder a visions cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A musica dos seres vivos e unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das suas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo.
Ver más