A edición definitiva das Xeórxicas componse de catro libros, todos eles de extensión semellante, arredor dos cincocentos versos. O libro primeiro ábrese cunha dedicatoria a Mecenas na que o poeta introduce xa os temas dos que vai tratar ao longo da obra: traballo da terra, cultivo da vide, ganderia e coidado das abellas. O libro segundo comeza cun himno a Baco, deus do viño, pois nesta parte da obra tratarase do cultivo e do coidado das viñas, ainda que tamen das arbores silvestres e froiteiras, e mais das oliveiras. O libro terceiro abrese cunha nova invocacion aos deuses, desta volta a Pales e a Aristeo. Virxilio advirte de que non tratara temas heroicos, de sobra coñecidos polos romanos, senon que abrira un novo camiño coa sua poesia; vai traer as Musas de Aonia, isto e, da terra de Hesiodo. Virxilio comeza o libro cuarto advertindo de que vai falar sobre o mel, e pedindolle a Mecenas que atenda tamen a esta parte. O sentir que subxace a obra e a dignificacion do traballo do labrego. Como o propio Virxilio afirma, o campesiño sosten a patria dende o campo, que e unha fonte de alimento para todos. Na Roma contemporanea, azoutada polas guerras civis, e necesario deixar de fundir apeiros para forxar armas; o labrego ten que volver ao seu traballo, que certamente e duro pero necesario. O traballo sen descanso vese recompensado, en certa medida, pola vida tranquila que leva o labrego, afastado das preocupacions que traen a riqueza e o exito social, retirado en paraxes naturais que o invitan a vivir feliz, satisfeito xa so polo simple feito de ser quen de procurar o seu propio alimento. O labrego, ademais, conserva os preceptos dos antepasados, respecta o culto aos deuses e coida da sua familia. As Xeorxicas estan escritas en hexametros dactilicos, mais na nosa traducion optamos pola prosa ante a imposibilidade de crear un texto en galego que mantivese a metrica orixinal e permitise unha lectura fluida.
Ver más