A galiña roxa é un conto tradicional moi estendido no mundo
anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presentena vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre
dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugallade quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente
do traballo alleo.A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito
duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gatodurmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos
que definen os personaxes- que non está no seu ánimocolaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller,
moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorrennunha longa liña de tempo, a través das estacións,
polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidadesde quen só se interesa por obter resultados inmediatos.