A IDEA DE NACION EN CASTELAO

XERAIS - 9788483024775

Política Diccionarios de política

Sinopsis de A IDEA DE NACION EN CASTELAO

Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política na Universidade de Santiago, elabora en A idea de nación en Castelao un modelo para a análise dos aspectos políticos e ideolóxicos do nacionalismo en Castelao, facendo unha aquelada interpretación do seu pensamento a través dunha lectura crítica de Sempre en Galiza. Máiz afonda no pensamento político de Castelao a partir da súa primeira cerna: o concepto de Galicia como nación que vertebra o seu enteiro discurso en canto se postula como indeclinablemente nacionalista.Nesta breve monografía téntase dar conta dos elementos fundamentais cos que Castelao constrúe o concepto de nación, o ?núcleo duro? da cualificación nacionalitaria; de ordenar o peso interno relativo de cada un dos seus elementos e da súa articulación como momentos dunha formación discursiva nacionalista; a articulación do núcleo duro discursivo con elementos racionais de exclusión e identificación que contribúen dialecticamente e de xeito decisivo á fixación do concepto final de nación; e, finalmente, a articulación do anteiro na orde política: institucional (modelo de estado) e político estratéxico (pobo-nación, apoios, etc.).A idea de nación en Castelao constitúe unha das máis sólidas reflexións e investigacións sobre o pensamento político de Castelao, ó tempo que contribúe ó proceso de permanente edificación e reconstrucción interpretativa de Sempre en Galiza, libro-símbolo do proxecto político nacionalista galego.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483024775

Número de páginas: 84

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Peto

Número: 000020

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Maíz


Ramón Maiz es catedrático de Ciencia Política y Sociología de la Universidad de Santiago de Compostela.
Descubre más sobre Ramón Maíz
Recibe novedades de Ramón Maíz directamente en tu email

Opiniones sobre A IDEA DE NACION EN CASTELAO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana