Terceira entrega en solitario de Xabier Cordal nunha obra que pon de manifesto o avance nos recursos literarios por parte dun dos máis prolíficos poetas da xeración dos 90. Unha fervenza de palabras, imaxes, vivencias disfrazadas, de palabras (re)coñecidas no mundo interior de quen procura saber -saborear- o pasado para avanzar nun novo camiño que, rompendo as propias palabras, as propias vivencias, sitúa ao viaxeiro, no que todas e todos nos podemos ver reflectidos, na dificultade de recuperar as pantasmas e os seres máis queridos do seu percorrido vital. ... se o poema anda con traballo pola grava de pedra preciosas.
Ficha técnica
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788489803039
Idioma: Gallego
Número de páginas: 119
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/05/2001
Año de edición: 1997
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Baía Branca
Baía Branca
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xabier Cordal
Xabier Cordal Fustes naceu na Coruña en 1965. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola universidade compostelá, comeza a exercer como ensinante en 1989. Integra os colectivos Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994) e Redes Escarlata (Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003). Publicou os poemarios Arianrod (1993), Fruto do teixo (1994), Afásia (1997), A vella peneira a noite (2001) e transmuta (Xerais 2012). O resto da súa obra espállase en xornais (O Correo Galego, Galicia Hoxe, Vieiros), revistas (A Trabe de Ouro) e medios políticos e sindicais. Compón letras para o grupo Luar na Lubre e participou como guionista no telefilme de Antón Dobao A mariñeira. Actualmente vive no Corgo (Lugo) e traballa no IES da Terra Chá. (Fotografía: Sabela Cordal)