📗 Libro en gallego AIRE PARA RESPIRAR: MEMORIAS DUN TEMPO PRESENTE

XERAIS - 9788483029213

Historia local de España Galicia

Sinopsis de AIRE PARA RESPIRAR: MEMORIAS DUN TEMPO PRESENTE

Esta é a crónica subxectiva dun tempo, os últimos vintecinco anos, narrada por unha persoa que posúe a percepción sensible e apaixonada dos que loitan activamente para mellorar unha reali-dade tan incerta como a Galicia deste período. Un libro que está a cabalo entre unhas memorias dun tempo presente, na metade do camiño da vida do seu autor, e un ensaio sociolóxico e político sobre o pasado inmediato e o devir do país.Empregando unha narración en primeira persoa, tan emotiva e fermosa como nalgúns momen-tos provocadora, Baamonde fai desfilar por estas páxinas a vida daqueles conmovedores rapa-ces que nos anos setenta aprendían antifranquismo. O autor ensaia un retrato do desenvolve-mento da nova clase política que provocou a Autonomía, perfilando unha imaxe da sociedade galega, sumida –para el– “na inercia, no marasmo e no desconcerto”, non exenta de dureza, pero descrita sen amargura, coa leve ironía e o tipo de humor distanciado de quen pretende desenvolver a madurez dunha conciencia crítica.O volume inclúe un ensaio final, “Recapitulación: Galicia, hoxe, máis ou menos”, onde Baamon-de realiza unha interpretación dos últimos vintecinco anos en Galicia, á luz da evolución do pensamento sobre a identidade e dos fenómenos políticos e sociais que supuxo a consolidación do proceso autonómico. Unha obra singular para animar o debate e a reflexión sobre un futuro por construír. Un libro que dará moito que falar.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483029213

Idioma: Gallego

Número de páginas: 168
Tiempo de lectura:
3h 56m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/12/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo
Peso: 273.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Antón Baamonde


Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes (1989), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A rosa sen porqué (1997), Aire para respirar. Memorias dun tempo presente (Xerais 2002) e o libro de entrevistas, La reinvención de España (2001); ademais de participar nos libros colectivos Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), Feísmo? Destruír un país (2006) e Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Animou a revista e o foro Luces de Galicia e publicou numerosos ensaios e artigos tanto en xornais (La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, Diario de Galicia) como en revistas (Galicia Internacional, Obradoiro, Agalia, Luzes de Galiza, Grial). Na actualidade colabora na sección de opinión de El País. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.
Descubre más sobre Antón Baamonde
Recibe novedades de Antón Baamonde directamente en tu email

Opiniones sobre AIRE PARA RESPIRAR: MEMORIAS DUN TEMPO PRESENTE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana