ARISTOCRACIA IMPOSIBLE O DISCURSO POLITICO DE NIETZSCHE

O discurso político de Nietzsche

Edicións Laiovento, S.L. - 9788484870029

Filosofía Diccionarios de filosofía

Sinopsis de ARISTOCRACIA IMPOSIBLE O DISCURSO POLITICO DE NIETZSCHE

Que a obra dun filósofo resista o paso de cen anos non ten nada de estraño. A de Platón séguese a analizar, e van alá vintecinco séculos. O que sen embargo chama a atención é a pluralidade de interpretacións que se teñen tirado da obra de Friedrich Nietzche. Ningún pensador deu tanto que falar xustamente en nome dunha ambigüidade extrema. Persoas situadas nas antípodas no tocante á súa concepción do mundo teñen sido literalmente fascinadas por ese pensamento convulso, compulsivo e ambicioso como poucos. ¿Que sentido ten hoxe un libro sobre un autor do que case todo está dito? E ¿por que sobre a súa“política”precisamente? A nosa“escusa”, o noso pretexto principal, non vai ser que a obra de Nietzsche, supostamente ben coñecida e mellor estudiada, abra un abano de posibilidades ilimitadas, entre as cales situar a nosa tentativa de interpretación. Antes ao contrario. A Nietzsche pásalle o que a outros filósofos: son célebres, sen a penas seren coñecidos. Del fálase moito, dá lugar a multitude de citas ó chou, mais xustamente por se tratar dun autor en aparencia directo, seductor en extremo e dotado dunha vea poética indiscutíbel, leuse demasiado á lixeira, producindo polarizacións arreo. O motivo do presente libro é o de tentar amosar unha certa coherencia no discurso nietzscheano verbo da política, distanciándose simetricamente das versións nazis e libertarias que del se teñen deducido. Xa que logo, aquí atoparemos certas claves para podermos entender a torsión subxacente ao discurso nietzscheano sobre a política, sen pretendermos“unificar”o pensamento daquel que precisamente presumía de ser o filósofo antidialéctico por excelencia.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Laiovento, S.L.

ISBN: 9788484870029

Número de páginas: 170

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/10/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Santiago de Compostela -

Colección:
Ensaio

Número: 155
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 178.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Francisco Sampedro


Descubre más sobre Francisco Sampedro
Recibe novedades de Francisco Sampedro directamente en tu email

Opiniones sobre ARISTOCRACIA IMPOSIBLE O DISCURSO POLITICO DE NIETZSCHE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana