OQO Editora - 9788498710601
O vagalume xoga a ser estrela fugaz, a limacha pide un desexo… e entón comeza a viaxe cara ao país dos pexegueiros, detrás da estrela polar e na compaña das distintas fases da lúa.
Un desexo convértese nunha viaxe, a viaxe convértese nun encontro, e após do encontro comeza o camiño ao Norte, o lugar onde se piden os desexos. A viaxe, e non o destino final é o que fará que os protagonistas desta historia se enriquezan, maduren e descubran novos mundos, dentro e fóra deles mesmos. Un conto para vermos a través dos ollos máis pequenos, sobre a herba, entre as pingas de orballo.
Cecilia Afonso crea fermosas ilustracións mediante a técnica da colaxe, e emprega papeis e fíos que combina con lapis e témpera. Por medio de figuras sinxelas e limpas, a ilustradora arxentina desprega unha particular linguaxe simbólica, abstracta por veces, e cunha gran carga poética. O lector ten que procurar e atopará, porque as sorpresas se agochan en calquera lugar.
As numerosas chiscadelas, pistas, chamadas de atención… que se achan na súa proposta, ademais de acompañar o texto, constitúen unha historia dentro da historia, e convídannos a buscar, cos protagonistas, a lúa nova.
Texto de Paula Carbonell
Ilustracións de Cecilia Afonso Esteves
Tradución do castelán de Sara Monda
Especificaciones del producto
Escrito por Paula Carbonell
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!