As receitas recollidas en "Cociña galega tradicional" pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata a actualidade. Analízase a presenza das receitas nas obras dos escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre os pratos máis representativos da cociña galega. Preséntanse agrupadas seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas, vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas. Complétanse as receitas cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o mel. En "Cociña galega tradicional", a autora rebusca na súa memoria gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e miren dun xeito diferente o prato que van degustar.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491212638
Idioma: Gallego
Número de páginas: 416
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/10/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: Es
Colección:
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Gastronomía
TURISMO / OCIO - MONTES E FONTES - Gastronomía
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.5 cm
Grueso: 2.2 cm
Peso: 804.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Matilde Felpeto Lagoa
Matilde Felpeto Lagoa (Cervás-Ares, 1947) é licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional como funcionaria no Instituto Nacional do Libro Español (INLE), onde pediu a excedencia para dedicarse ao ensino. Exerceu como profesora de bacharelato en cidades e vilas como Madrid, Ponteareas e Vigo e de Didáctica da Lingua e Literatura Españolas nos cursos do CAP do ICE da universidade compostelá. Estudosa da gastronomía popular galega, é autora de libros como "Recetas de la cocina familiar gallega", "Cociñar con albariño", "Recetas de repostería tradicional de la cocina gallega y portuguesa", "40 menús para 40 banquetes", "El capón de Vilalba y su cocina", "O polbo e a súa cociña" (Xerais, 2014), "Cociña galega tradicional" (Xerais, 2017) e "Doces e lambetadas" (Xerais, 2021).