COPENHAGUE (PREMIO ALVARO CUNQUEIRO 1992)

XERAIS - 9788475077161

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de COPENHAGUE (PREMIO ALVARO CUNQUEIRO 1992)

Unha brillante sátira convoca aquí o ridículo, o que move ao riso. Dicían os vellos preceptistas -Blair, por un acaso- que a grande comedia debe amosar os usos contemporáneos presentando as maneiras reinantes, ao paso que van prevalecendo. Copenhague faino, e resulta a barbarie postmoderna da cidade galega, todos co rimmel ianki velándonos a ollada mentres un etéreo culto pluralista ao Capital é oficiado pola cofradía dos xornalistas. Plauto, Terencio, Aristófanes, remexían na mesma bosta na medida en que os que mandaban llelo permitían.De xeito que a obra fala de si, como diciamos, revírase sobre o interior das preocupacións de dous personaxes que podia que sexan os seus dous verdadeiros autores, ao tempo en que o seu debate actúa como espello dos costumes. Tanto a si se refere que é a man que sinala a man que nos sinala a cotianidade do noso tempo, de Vigo, de Andrés Vila, de Cid Cabido, de todos nós. Como capítulo primeiro do manifesto do Evidencialismo non sería ben comprendido Copenhague. Máis ben haberá que ver, mentres se representa, que sentir esta obra como parte dunha comedia moito maior, na que os actores se representan, sen sabelo, a eles mesmos, e dentro da cal eu, deseguida, vou asinar un ha especie de prólogo a unha peza teatral titulada, naturalmente, Copenhague.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475077161

Número de páginas: 63

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 1993

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE CID CABIDO y ANDRES A. VILA


Cid Cabido (1959) como narrador ten publicadas, entre outras, as seguintes obras: Días contados (Xerais 1991), relatos, Premio Cidade de Lugo de Narrativa; Panificadora (Xerais 1994), novela, Premio Blanco Amor de novela 1994; Oralmente pola boca (Xerais 1997), relatos; grupo abeliano (Xerais 1999), Premio Blanco Amor de novela 1999, traducida ao castelán por Alianza Editorial; Fálame sempre (Xerais 2003), relatos, Blúmsdei (Xerais 2006), novela; Unha historia que non vou contar (Xerais 2009), novela; Tres pintores (Xerais 2018), Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018 e Antón Reixa. Ghicho distinto (Xerais 2012).
Descubre más sobre XOSE CID CABIDO

Opiniones sobre COPENHAGUE (PREMIO ALVARO CUNQUEIRO 1992)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana