La serie de La Voz de Galicia Donde Europa comienza, que a lo largo de dos años se publicó, domingo tras domingo, en las páginas centrales de la edición de Ferrol del periódico, llega ahora a las librerías en forma de libro. Un libro que se publica bajo el sello de la firma Edicións Embora, y con el que La Voz colabora mediante la cesión de los textos y las fotografías de las crónicas y reportajes que integraron la serie.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Embora
ISBN: 9788492644414
Idioma: Castellano
Número de páginas: 163
Tiempo de lectura:
3h 49m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/09/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: La Coruña
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón Loureiro
Ramón Loureiro (Sillobre, Fene, 1965), xornalista, compaxina o seu labor periodístico en La Voz de Galicia coa literatura. Toda a súa ficción ten como epicentro a soñada Terra de Escandoi, un territorio a medio camiño entre o mundo dos mortos e dos vivos, ao pé do Atlántico, no Poñente desa Terceira Bretaña que o autor identifica coa Galicia do Norte, entre Mondoñedo e Ferrol. Como narrador, publicou Morgado (1997) e O corazón portugués (2000, finalista do Premio Eixo Atlántico). No 2002 sacou á luz Carlos Casares: nove retratos e unha conversa inacabada, e no 2003 a biografía Carlos Casares. Como fotodocumentalista é autor dos ensaios fotográficos Aceiro sobre a auga (1992) e As Pontes (2003), dedicados ao mundo da construción naval, ás transformacións sociais e ás intervencións na paisaxe das minas de carbón a ceo aberto. No ano 2001 recibiu das Universidades do Minho o Premio Caminhos da Memoria polo seu ensaio fotográfico A escura terra de Escandoi, no que se reflicte, a través de imaxes en branco e negro, o seu particular universo literario. Como conferenciante, interviu en diversos foros, sempre arredor do tema central da súa literatura: a convicción de que «a Terra que aínda ve a Deus nos ollos dos vencidos non é o lugar onde o mundo remata, senón o faro que alumea cantos mundos hai».