Sinopsis de GALICIA, DISTRITO INDUSTRIAL. CONVERSAS CON DANIEL HERMOSILLA
En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas. Nestas conversas, Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas, insiste, contra a imaxe estereotipada, en que ?aquí hai unha biodiversidade de industrias moi interesante. Capitalizadas, con maquinaria de última tecnoloxía, e que saben contratar persoas de talento. Empresas que souberon cambiar a mentalidade e entender que o mercado é o mundo enteiro. Se isto o sabemos aproveitar e artellar, pode ser un dos grandes activos de Galicia?.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411761864
Idioma: Gallego
Número de páginas: 184
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/02/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 123
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Peso: 294.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Antón Baamonde
Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é profesor de filosofía e ensaísta. Publicou o seu primeiro libro, A favor da esperanza, en 1987, ao que seguiron O marxismo e as linguaxes (1989), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A rosa sen porqué (1997), Aire para respirar. Memorias dun tempo presente (Xerais 2002) e o libro de entrevistas, La reinvención de España (2001); ademais de participar nos libros colectivos Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), Feísmo? Destruír un país (2006) e Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Animou a revista e o foro Luces de Galicia e publicou numerosos ensaios e artigos tanto en xornais (La Voz de Galicia, La Opinión, A Nosa Terra, Diario de Galicia) como en revistas (Galicia Internacional, Obradoiro, Agalia, Luzes de Galiza, Grial). Na actualidade colabora na sección de opinión de El País. Está considerado como unha das voces máis orixinais e independentes da Galicia contemporánea.