IDEOLOXIA E DISTORSION: ENSAIO SOBRE O IMAXINARIO IDEOLOXICO

XERAIS - 9788483021453

Filosofía Diccionarios de filosofía

Sinopsis de IDEOLOXIA E DISTORSION: ENSAIO SOBRE O IMAXINARIO IDEOLOXICO

Desde que Destutt de Tracy acuñara en 1796 o termo idéologie para referirse a unha nova ciencia das ideas, o seu dominio dilatouse considerablemente converténdose nunha referencia que se vai da filosofía á socioloxía, da historia á politoloxía e ás ciencias da comunicación. Esta universalización do concepto deu, co tempo, na súa desubstantivación, e a severa advertencia de F. Mauther de que �a palabra baleira é a máis usada� confirmouse tamén no caso da �ideoloxía�. Paradoxalmente, o baleiramento conceptual de ideoloxía debeuse moi principalmente á súa riqueza de significados e complexidade. �Ideoloxía�, ao igual que �cultura�, ofrece un catálogo de infinitas definicións que desafían o seu inventario exhaustivo e que o abocan �por exceso� ao fracaso. Francisco Sampedro fuxiu da estéril inventariación e prefiriu analizar o concepto de ideoloxía partindo da episteme do século XX que inauguran Marx, Nietzsche e Freud. Sampedro recoñece os dous grandes usos do concepto de ideoloxía: un descritivo (a visión valorativa do mundo e as súas formas de conciencia correlativa) e un pexorativo (a falsa conciencia, o conxunto de representacións distorsionadas dunha realidade determinada) e delimita a súa polisemia consonte a tres elementos: a lexitimación, a alternancia entre consciente/inconsciente e a proxección social. Como reza no título da obra, Sampedro, sen desatender a acepción descritiva, fixa a súa atención na ideoloxía en tanto que nos ofrece a apariencia en distorsión dunha realidade, enmascarando a mesma realidade que pretende representar. Distorsión que opera en cinco liñas de forza: a conversión dos xuízos de valor en xuízos de feito; a racionalización dos intereses de dominación; o carácter especulativo, a súa cousificación e ahistoricidade; e a mudanza do �cultural� en �natural� coa imposición de evidencias incuestionables. Con estes presupostos, Ideoloxía e distorsión entrégase a análise das orixes do termo, na primeiriza �idoloxía� de Bacon, na crítica ilustrada dos prexuízos e na obra de Destutt de Tracy, como un suxerente preámbulo do estudio das teorías conservadoras (Sorel, Pareto e Nietzsche). Na coidada lectura de Marx salienta Sampedro a súa crítica da especulación e tamén a xénese materialista da inversión e a esculca dos efectos da dominación. Re

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483021453

Número de páginas: 323

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/05/2001

Año de edición: 1997

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Francisco Sampedro


Descubre más sobre Francisco Sampedro
Recibe novedades de Francisco Sampedro directamente en tu email

Opiniones sobre IDEOLOXIA E DISTORSION: ENSAIO SOBRE O IMAXINARIO IDEOLOXICO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana