Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do semanario "A Nosa Terra" entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 marzo de 2004, tan só dous días antes do seu falecemento.
Son escritos de variada temática, mais en todos eles están presentes as liñas de forza que percorren a súa obra, dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas, a militancia cidadá, a denuncia social e a loita contra a indulxencia e a conivencia co poder establecido.
Di Luísa Villalta que, entre outras moitas cousas, os libros serven para levar as contas pendentes, para poñer ao ar as feridas. E así o seguen a facer hoxe estas “colunas” súas, malia os vinte anos que transcorreron. Palabra de Luísa.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411762113
Idioma: Gallego
Número de páginas: 126
Tiempo de lectura:
2h 55m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 03/05/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 128
Alto: 23.1 cm
Ancho: 14.9 cm
Grueso: 0.9 cm
Peso: 217.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Luísa Villalta
Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), alén de extraordinaria poeta, foi tamén unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. A súa obra dramática reúnese en Teatro completo (Galaxia, 2024), e as narracións, Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), en Narrativa reunida (Galaxia, 2024). Como ensaísta publicou O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), O outro lado da música, a poesía (1999; Galaxia, 2021) e Libro das colunas (2005; Galaxia, 2024), ademais de Narrativa inédita e dispersa (Galaxia, 2024).