📗 Libro en gallego MARIA MARIÑO. ANTOLOXIA POETICA

GALAXIA - 9788482888163

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de MARIA MARIÑO. ANTOLOXIA POETICA

María Mariño faleceu o 19 de maio de 1967. En 2007 dedícaselle o Día das Letras Galegas, corenta anos despois da súa morte e cando se celebra tamén o centenario do seu nacemento. María Mariño chega no ano 1947 a Parada do Courel, onde coñece ao poeta Uxío Novoneyra, circunstancia que provocará o xurdimento dunha das voces máis sorprendentes da lírica galega. No ano 1963 publica, cun limiar de Otero Pedrayo, o libro Palabra no tempo, despois escribirá os versos que compoñen Verba que comenza (1990), publicado postumamente.


Ficha técnica


Editorial: Galaxia

ISBN: 9788482888163

Idioma: Gallego

Número de páginas: 164

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 13/03/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por María Mariño


María Mariño (María Mariño Carou) (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) de familia humilde, deixou moi nova a escola para exercer como costureira. Con todo, entrou en contacto coa literatura na magnífica biblioteca do Pazo de Goiáns, en Boiro, onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba na casa como cociñeira. Finalizada a guerra civil, contrae matrimonio e o seu home é destinado ao País Basco. Alí tiveron un fillo, que faleceu prematuramente. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha fonda depresión. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada, onde a escritora residiría o resto dos seus días. En 1953 coñeceu a Uxío Novoneyra, quen se convirtiría nun forte estímulo para Maria Mariño comezar a escribir e a través do que superaría o isolamento en que vivía, entrando en contacto con outros escritores como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto ou Ramón Piñeiro. Morreu en 1967, despois de ver publicada unha única obra, Palabra no tempo (1963). O poemario Verba que comenza (1990), escrito nos últimos meses de vida, vería a luz postumamente. A súa obra foi recompilada en Obra completa (Xerais 1994).
Descubre más sobre María Mariño
Recibe novedades de María Mariño directamente en tu email

Opiniones sobre MARIA MARIÑO. ANTOLOXIA POETICA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana