MAS ALLA DEL TIEMPO O LIBRO INEDITO DE 1965

O libro inédito de 1965

ALVARELLOS EDITORA TECNICA - 9788489323155

Poesía Poesía contemporánea española del XIX al XXI

Sinopsis de MAS ALLA DEL TIEMPO O LIBRO INEDITO DE 1965

Más allá del tiempo é o libro inédito que María Mariño concluíu en 1965 e que permaneceu ilocalizable durante máis de corenta anos. Apareceu xusto cando as Letras Galegas homenaxean a esta enigmática escritora, en 2007. Estamos ante o primeiro libro preparado e ordenado directamente por María Mariño. Más allá del tiempo permite despexar todas as incógnitas e recompoñer a fondo a súa obra.
Ademais de poeta, descubrimos que era unha narradora orixinal, consciente e insubmisa, con influencia dos movementos de vangarda e reveladoras composicións oníricas. Boa parte do libro semella un relato autobiográfico, que se completa coa até agora descoñecida poesía infantil.
Más allá del tiempo é a peza clave para entender a súa obra galega.
Esta edición conta cun amplo e documentado estudo introdutorio a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Helena González, responsable tamén da edición do texto.


Ficha técnica


Editorial: Alvarellos Editora Tecnica

ISBN: 9788489323155

Idioma: Castellano

Número de páginas: 173

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 24/03/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Santiago
Número: 7
Alto: 20.5 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por María Mariño


María Mariño (María Mariño Carou) (Noia, 1907-Parada do Courel, 1967) de familia humilde, deixou moi nova a escola para exercer como costureira. Con todo, entrou en contacto coa literatura na magnífica biblioteca do Pazo de Goiáns, en Boiro, onde morou un tempo cunha súa tía que traballaba na casa como cociñeira. Finalizada a guerra civil, contrae matrimonio e o seu home é destinado ao País Basco. Alí tiveron un fillo, que faleceu prematuramente. Esta morte, á que se uniu a da súa mai, provocaría en María Mariño unha fonda depresión. De regreso á Galiza e tras un tempo en Arzúa, instaláronse no Courel, primeiro en Romeor e posteriormente en Parada, onde a escritora residiría o resto dos seus días. En 1953 coñeceu a Uxío Novoneyra, quen se convirtiría nun forte estímulo para Maria Mariño comezar a escribir e a través do que superaría o isolamento en que vivía, entrando en contacto con outros escritores como Manuel María, Domingo García Sabell, Victoria Armesto ou Ramón Piñeiro. Morreu en 1967, despois de ver publicada unha única obra, Palabra no tempo (1963). O poemario Verba que comenza (1990), escrito nos últimos meses de vida, vería a luz postumamente. A súa obra foi recompilada en Obra completa (Xerais 1994).
Descubre más sobre María Mariño
Recibe novedades de María Mariño directamente en tu email

Opiniones sobre MAS ALLA DEL TIEMPO O LIBRO INEDITO DE 1965


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana