Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos. Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio. Porque nada semella máis urxente que procurar unha saída de emerxencia dese templo onde a virilidade segue a ser o valor máis sagrado da tribo.Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos. Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio. Porque nada semella máis urxente que procurar unha saída de emerxencia dese templo onde a virilidade segue a ser o valor máis sagrado da tribo.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499149820
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/03/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
EDICIÓN LITERARIA - POESÍA
Número: 44
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 131.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos Negro
(Carlos Negro (Lalín, 1970) iniciouse no xénero poético con As laranxas de alí babá (1998). En Xerais ten publicado Far-West (2001); Makinaria (2009); Penúltimas tendencias (2014), Premio da AELG á mellor obra de literatura infantil e xuvenil; Masculino singular (2016) ou Aplicación instantánea (2018), Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Recibiu tamén o Premio Johán Carballeira polo poemario Héleris (2003), o Victoriano Taibo por Cultivos transxénicos (2008) e o Fiz Vergara Vilariño por Tundra (2017). Ensaiou o xénero satírico no dicionario Abelcebú (2010), de carácter burlesco. Nos últimos anos vén desempeñando un continuo labor de achegamento da poesía ao público xuvenil, a través de recitais e obradoiros por toda Galicia. En 2018 recibiu o Premio dos Clubs de Lectura que outorga a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia ao autor máis lido do ano 2017. Non cantan paxaros neste bosque (Xerais, 2021) é a súa última obra.