Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir. Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: -Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior.Ao longo del ten escrita unha frase que di:Lapis especial para nenas de seis anos. Que ten de especial ese lapis?
Ficha técnica
Ilustrador: David Sierra
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499149271
Idioma: Gallego
Número de páginas: 64
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/10/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Número: 247
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 112.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Antón Cortizas Amado
Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato «A media muller» co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: «Memorias dun río» (1988), Premio Barco de Vapor 1988; «Xiganano ¿onde estás?» (1990); «O conto dos sete medos» (1991), Premio Barco de Vapor 1991; «O lapis de Rosalía» (1992) (Xerais 2015); «A bruxa sen curuxa» (1993); «O merlo de ferro» (1995) (Xerais 2013); «Os gritos das illas Lobeiras» (Xerais 2019), Premio Barco de Vapor 1995; «Historias e algún percance todas ditas en romance» (1996); «Leonel» (Xerais 1996); «Contos de vento e de nunca acabar» (1999); «Dominicus o dragón» (2001); «A merla de trapo», Premio Merlín de Literatura Infantil (Xerais 2001); «¡Cázame ese pensamento!» (2001); «O coleccionista de sombras» (2002), «Onde o sol non adormece» (Xerais 2003) e «Vaia tropa!» (Xerais 2011). Como investigador publicou «Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares» (Xerais 2001), «Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota» (Xerais 2010) e «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza» (Xerais 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra «Incrible invento de Solfis, a pianista» (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con «Xogando con gatos» (Xerais 2015), o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.