O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe. O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e academico Xose R. Barreiro Fernandez, un dicionario dos nosos peixes, froitas, carnes, mariscos, viños..., pero tamen da forma de adubalos e cociñalos sen excluir os nomes e as obras dos mellores coñecedores da cociña galega nin descartar noticias, proverbios, cantigas, ditos e lendas sobre a nosa gastronomia. Este libro resulta algo ben diferente daquelas obras que so pretenden ser un receitario practico e que deixan de lado toda a cultura que encerra a arte culinaria. Ademais, Fausto Galdo, na sua condicion de medico, informanos do necesario equilibrio que debe producirse entre os praceres da comida e a saude das persoas.Cun tratamento divulgativo, recolle o autor a presenza das nosas mantenzas na tradicion oral e na producion literaria que vai de Afonso X o Sabio ata Rosalia ou o propio Cunqueiro, e converte este abecedario nun libro de lectura axil e recorrente.O doutor Fausto Galdo, na estela do xenial Cunqueiro, realiza un percorrido por toda a xeografía gastronómica galega de onte e de hoxe. O Abecedario das mantenzas é, en palabras do historiador e academico Xose R. Barreiro Fernandez, un dicionario dos nosos peixes, froitas, carnes, mariscos, viños..., pero tamen da forma de adubalos e cociñalos sen excluir os nomes e as obras dos mellores coñecedores da cociña galega nin descartar noticias, proverbios, cantigas, ditos e lendas sobre a nosa gastronomia. Este libro resulta algo ben diferente daquelas obras que so pretenden ser un receitario practico e que deixan de lado toda a cultura que encerra a arte culinaria. Ademais, Fausto Galdo, na sua condicion de medico, informanos do necesario equilibrio que debe producirse entre os praceres da comida e a saude das persoas.Cun tratamento divulgativo, recolle o autor a presenza das nosas mantenzas na tradicion oral e na producion literaria que vai de Afonso X o Sabio ata Rosalia ou o propio Cunqueiro, e converte este abecedario nun libro de lectura axil e recorrente.
Ver más