SEN SOMBRA E SEN AMOR

Editorial Galaxia, S.A.- 9788482886930

Literatura en gallego Poesía en gallego

Sinopsis de SEN SOMBRA E SEN AMOR

Amor e desengano, xustiza e aldraxe nun poemario no que Bernardino Graña amosa a súa madureza creativa. O novo libro dunha das voces con maior prestixio da poesía galega amosa o equilibrio entre a dicción medida e a inspiración arriscada, entre a tradición e as faíscas da creación. O autor traballa o texto poético tanto nos aspectos da expresión, cun ritmo moi coidado e unha reelaboración constante do legado da tradición literaria, coma no contido. Bernardino Graña ofrécenos un libro arrequentado e orixinal cheo de emocións, paixón e beleza.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788482886930

Idioma: Castellano

Número de páginas: 76

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/04/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es
Colección:
Dombate (Poesía)

Especificaciones del producto



Escrito por Bernardino Graña


Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que é socio de honra dende 1986. Membro da Real Academia Galega, publicou unha extensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil. Como poeta publicou: "Poema do home que quixo vivir" (1958); "Profecía do mar" (1966, Xerais 1995); "Non vexo Vigo nin Cangas" (1975); "Se o noso amor e os peixes" (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; "Sima-Cima do voar tolo" (1984); "Himno verde" (1992); "Ardentía. Obra poética completa" (1995); "As Cantigas de Santa María" (Xerais 1996); "Luz de novembro" (1997); "Acendede as almenaras" (Xerais 2008) e "Ser auga, darse en auga" (2011). No ámbito do teatro: "Vinte mil pesos crime" (1962, Xerais 2005), "Sinfarín contra don Perfeuto" (1975) e "Os burros que comen ouro nunca cabalos serán" (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979). Como narrador publicou o libro de relatos "Fins do mundo" (1974, Xerais 1989) e as novelas "Protoevanxeo do neto de Herodes" (Xerais 2006), II Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa, "Carmela e os ladróns" (2010), "¡Medre o mar!" (2013), "A fuga a Exipto" (2016) e "O neno mariñeiro" (Xerais 2017). Publicou en Xerais as seguintes obras de literatura infantil: "O león e o paxaro rebelde" (1969), "Xan Guindán, capitán" (1991), "Oso mimoso" (1992), "O gaiteiro e o Rato Pérez" (1994), Premio Merlín 1993, "Cristo e San Pedro, peregrinos" (1994), "Rata linda de Compostela" (1994, 2009) e "O Quirico lambón" (1997). En 2005 Xerais publicouse, na colección Crónica "Conversas con Bernardino Graña", de Rafael Fernández e Héitor Mera.
Descubre más sobre Bernardino Graña
Recibe novedades de Bernardino Graña directamente en tu email

Opiniones sobre SEN SOMBRA E SEN AMOR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana