📗 Libro en gallego TRES OBRAS TEATRAIS

Medea en Camariñas. Unha tarde en Mitilene. Antígona ante os xuíces

LAIOVENTO - 9788484874157

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de TRES OBRAS TEATRAIS

Edítanse por fin en galego, a lingua na que foron escritas, as tres primeiras obras teatrais de Andrés Pociña, todas elas xa publicadas en español, italiano, e portugués. As tres foron representadas en España, Italia e Portugal, mais ningunha probou fortuna deica agora en terras galegas. Medea en Camariñas, estreada en 2005, vai camiño das cen representacións, en cinco montaxes distintos. Consiste no monólogo dunha Medea xa vella, que explica por si mesma os feitos da súa existencia ás mulleres de Camariñas que están lavando nun daqueles lavadoiros de antes. Unha tardiña en Mitilene, que principia o seu andar escénico co título Atardecer en Mitilene en 2010, lévanos ás conversas da poeta Safo coas discípulas que viven con ela, e ouvimos o que falan sobre poesía, música, política, amizade, amor, é dicir, a vida. Cousas e ideas doutros tempos, sempre vixentes hoxe en día. Antígona ante os xuíces foi estreada en 2017, en italiano, nun lugar excepcional, o Mausoleo de Cicerón en Formia (Italia). Trátase dunha visión nova, da mais exemplar rapaza da mitoloxía antiga, enfrontándose a un tribunal e ao pobo de Tebas, para defender con enerxía o seu comportamento. A preparación desta primeira edición galega conxunta foi posible grazas á amizade e xenerosidade da Dra. María Teresa Amado Rodríguez, prestixiosa helenista da Universidade de Santiago de Compostela, ben coñecida polos seus traballos de todo tipo sobre as literaturas grega e galega.

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484874157

Idioma: Gallego

Número de páginas: 116
Tiempo de lectura:
2h 40m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/09/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 363

Especificaciones del producto



Escrito por Andrés Pociña


Descubre más sobre Andrés Pociña
Recibe novedades de Andrés Pociña directamente en tu email

Opiniones sobre TRES OBRAS TEATRAIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana