Editorial Galaxia, S.A. - 9788491516149
Este libro que tes nas mans inaugura a colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia.
Unha colección que quere botar luz onde moitos só queren escuridade.
A defensa do laicismo foi unha das apostas máis rupturistas e arriscadas dos republicanos. A Constitución de 1931 estableceu que o Estado carecía de relixión oficial, polo que os dogmas do catolicismo deixaron de se ensinar nas escolas, das que tamén desapareceu a simboloxía relixiosa. A partir de entón, no sistema educativo só habería espazo para a educación moral, que debía inspirarse no cultivo da tolerancia. O enfrontamento coa Igrexa, afeita a gozar de monopolios e prebendas sen taxa, resultaba ineludible, e, por “vermellos e laicos”, foron castigados unha boa parte dos mestres e mestras, como demostra este libro, onde se analizan os cargos que se lles apuxeron. Unha represión que ía desde o asasinato á sanción administrativa máis ou menos contundente, e que tamén afectou a moitos outros grupos sociais e profesionais, dado que tivo un carácter masivo.
Un estudo rigoroso que fai, tamén, dalgunha maneira, revisión dunha tremenda inxustiza.
Especificaciones del producto
Escrito por NARCISO DE GABRIEL
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!
Tapa blanda
Varios autores