📗 Libro en gallego XOGANDO CON GATOS

Edicións Xerais - 9788499148816

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de XOGANDO CON GATOS

Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) así como unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias (rúas ateigadas de vehículos) e engadido todo isto ao forte descenso da natalidade que dá por resultado a escaseza de nenos (quer no medio urbano quer no medio rural -aínda conservando este toda a xeografía do xogo-) que dificulta, xa que logo, a concentración de nenos necesaria para que se produza o xogo colectivo e socializador. A todo isto aínda hai que sumar a excesiva ocupación do tempo de lecer das crianzas en actividades regradas (deportes, música, tarefas escolares...) que lles resta posibilidades de desenvolveren o xogo libre e creativo. Quizabes, se os meniños e as meniñas xogasen como se xogaba en creatividade, liberdade e gratuidade, esta obra non tería razón de ser.Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza dos tempos. Os novos medios (TV, xogos electrónicos, teléfono móbil, ipad, ipod...) así como unha xeografía urbana desaxeitada (falta de espazos de encontro e recreo), alén da ocupación dos mesmos por outras circunstancias (rúas ateigadas de vehículos) e engadido todo isto ao forte descenso da natalidade que dá por resultado a escaseza de nenos (quer no medio urbano quer no medio rural -aínda conservando este toda a xeografía do xogo-) que dificulta, xa que logo, a concentración de nenos necesaria para que se produza o xogo colectivo e socializador. A todo isto aínda hai que sumar a excesiva ocupación do tempo de lecer das crianzas en actividades regradas (deportes, música, tarefas escolares...) que lles resta posibilidades de desenvolveren o xogo libre e creativo. Quizabes, se os meniños e as meniñas xogasen como se xogaba en creatividade, liberdade e gratuidade, esta obra non tería razón de ser.

Ficha técnica


Ilustrador: Leandro Lamas

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499148816

Idioma: Gallego

Número de páginas: 120
Tiempo de lectura:
2h 46m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 02/07/2015

Año de edición: 2015

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática Galega

Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 360.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Antón Cortizas Amado


Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato «A media muller» co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: «Memorias dun río» (1988), Premio Barco de Vapor 1988; «Xiganano ¿onde estás?» (1990); «O conto dos sete medos» (1991), Premio Barco de Vapor 1991; «O lapis de Rosalía» (1992) (Xerais 2015); «A bruxa sen curuxa» (1993); «O merlo de ferro» (1995) (Xerais 2013); «Os gritos das illas Lobeiras» (Xerais 2019), Premio Barco de Vapor 1995; «Historias e algún percance todas ditas en romance» (1996); «Leonel» (Xerais 1996); «Contos de vento e de nunca acabar» (1999); «Dominicus o dragón» (2001); «A merla de trapo», Premio Merlín de Literatura Infantil (Xerais 2001); «¡Cázame ese pensamento!» (2001); «O coleccionista de sombras» (2002), «Onde o sol non adormece» (Xerais 2003) e «Vaia tropa!» (Xerais 2011). Como investigador publicou «Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares» (Xerais 2001), «Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota» (Xerais 2010) e «Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza» (Xerais 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra «Incrible invento de Solfis, a pianista» (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con «Xogando con gatos» (Xerais 2015), o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014.
Descubre más sobre Antón Cortizas Amado
Recibe novedades de Antón Cortizas Amado directamente en tu email

Opiniones sobre XOGANDO CON GATOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana