Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da sua estrea na mocidade. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha amante que lle permitira atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sempre. Provisto dunha nova identidade desembarcara daquela en Bos Aires, onde a experiencia da emigracion se vera decontado premiada co exito e cun grande amor. Monte Louro, o mais poderoso referente xeografico da infancia, agrandase na memoria como resumo mitico do que no pasado non puido ser e talvez non sera xa nunca. Tamen andan ao axexo o complexo de culpa, o desequilibrio e, finalmente, unha baixada os infernos na que parece que saira triunfante o Mal. Tera que xurdir o empeño dunha filla cuxa existencia se ignoraba para que moitos anos despois volva semellar posible recompoñer o puzzle roto da vida... Todo isto e moito mais contanolo Rei Nuñez nunha novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, que o acredita como mestre do oficio de escribir, chamada a converterse nun clasico das letras galegas.Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da sua estrea na mocidade. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha amante que lle permitira atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sempre. Provisto dunha nova identidade desembarcara daquela en Bos Aires, onde a experiencia da emigracion se vera decontado premiada co exito e cun grande amor. Monte Louro, o mais poderoso referente xeografico da infancia, agrandase na memoria como resumo mitico do que no pasado non puido ser e talvez non sera xa nunca. Tamen andan ao axexo o complexo de culpa, o desequilibrio e, finalmente, unha baixada os infernos na que parece que saira triunfante o Mal. Tera que xurdir o empeño dunha filla cuxa existencia se ignoraba para que moitos anos despois volva semellar posible recompoñer o puzzle roto da vida... Todo isto e moito mais contanolo Rei Nuñez nunha novela, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, que o acredita como mestre do oficio de escribir, chamada a converterse nun clasico das letras galegas.
Ver más