Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das suas raices e a verdadeira identidade da sua familia bioloxica. Luis Salgueiro deixara o temon da sua empresa en mans de persoas da sua confianza e acometera unha viaxe apaixonada cara as suas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuas, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e duas rapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro poñera en risco a sua propia vida e supora reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, ainda segue aberta. A represion militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguia aos ultimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacabel e feroz persecucion que non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando, levaran, nunha narracion cargada de intriga, a descuberta duns froitos que so a porfia dun home capaz de enfrontarse aos demais e a natureza pode acadar.O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosisima e engaiolante, reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen e, sobre o que sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque nese intento poida sucumbir e perder todo aquilo que posue. Para o autor, ese personaxe pode ser calquera de nos: Na obsesion dunha persoa acomodada mesturase a dubida sobre a identidade e, ao tempo, sobre a sua relacion co contorno, coas xentes e os lugares desta Galiza de contrastes.Novela longa a vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata a ultima das suas 628 paxinas, aborda outros moitos temas de actualidade: a corrupcion politica e empresarial, os modelos de uso do idioma, as relacions interpersoais de amizade e de parella, o pensamento m
Ver más