Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a peninsula polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben e que esa viaxe os vai transformar radicalmente. Deixado o amparo da rutina, o Mundo, o Demo e a Carne asexan os viaxeiros cos seus galanos. A viaxe, nas suas novidades e encontros, supora unha via de autocoñecemento de consecuencias traxicas. Fuxon vai ser o mais afectado. O lado escuro da propia sexualidade e o descubrimento de certas propiedades dalgunhas plantas provocaran nel unha fascinacion irreparable. Co decorrer das xornadas mudaran as relacions entre Fuxon e Stefano, que deixaran de ser quen eran. A galera, sombra esvaecida na conciencia de Fuxon, tornara en grave obriga para Stefano.Co pano de fondo da loita polo poder relixioso e politico, os tres viaxeiros apenas gustaran de canto lles ofrece o camiño: a presenza islamica, as novidades liturxicas, as vilas rebuldeiras, as feiras..., para eles todo semella espectaculo antes que realidade. Tan so Francesco, coa sua inocencia, sera quen de evitar os perigos nos que naufragan os seus compañeiros e conseguira adaptarse no novo pais.Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnifica peza literaria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores e lectoras a mellor narrativa.Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a peninsula polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben e que esa viaxe os vai transformar radicalmente. Deixado o amparo da rutina, o Mundo, o Demo e a Carne asexan os viaxeiros cos seus galanos. A viaxe, nas suas novidades e encontros, supora unha via de autocoñecemento de consecuencias traxicas. Fuxon vai ser o mais afectado. O lado escuro da propia sexualidade e o descubrimento de certas propiedades dalgunhas plantas provocaran nel unha fascinacion irreparable. Co decorrer das xornadas mudaran as relacions entre Fuxon e Stefano, que deixaran de ser quen eran. A galera, sombra esvaecida na conciencia de Fuxon, tornara en grave obriga para Stefano.Co pano de fondo da loita polo poder relixioso e politico, os tres viaxeiros apenas gustaran de canto lles ofrece o camiño: a presenza islamica, as novidades liturxicas, as vilas rebuldeiras, as feiras..., para eles todo semella espectaculo antes que realidade. Tan so Francesco, coa sua inocencia, sera quen de evitar os perigos nos que naufragan os seus compañeiros e conseguira adaptarse no novo pais. Escrita cun estilo coidado que fai desta novela unha magnifica peza literaria, Xabier Paz retorna para ofrecerlles aos seus lectores e lectoras a mellor narrativa.
Ver más