Após 30 anos do asulagamento (8 de xaneiro de 1992) do noso marabilloso val do Limia, este é o meu tributo á súa memoria e a das súas xentes.Comezo aclarando que ASULAGADAS publícase no galego que falamos no val do Limia (comezando polo titulo), ou no que conseguin recordar, en boa medida, coa axuda de meus pais. ASULAGADAS conten 101 poemas (pois, considero que e un libro inacabado, sigo escribindo sobre o val e agardo facelo moito tempo), cun total de 2965 versos. Ao principio ian ser 99 poemas, mais, entre tanto, apareceu un poema dedicado a Buscalque, escrito hai bastantes anos, e quixen incluilo; ao que sumei un poema curto, cunha sutil carga erotica, froito dunha conversa co meu prezado amigo e veciño, (O Manoliño) de Cimadevila de Ludeiros, que comentando sobre o libro e a nosa infancia, preguntoume se non me acordaba das galletas afogadas en auga que comiamos en Aceredo mentres agardabamos para ir ao grupo a Lobios, e que eu infelizmente tiña esquecido.O libro, en certa maneira, levabao dentro, mais por unhas razons ou por outras ia demorando a sua escrita, ata que no outono do ano 2018, unha vez mais, o encoro volveu deixar ao descuberto boa parte das aldeas, principalmente de Aceredo. Pedro, o noso fillo, insistialle a sua nai que queria ir ver a que fora a sua aldea. Foi naquela visita cando escribin o poema Aceredo, que esta no libro que lle dediquei a el, PEDRO; e ese mesmo dia escribin outro poema que vai en ASULAGADAS, e se titula Resistir ollando na memoria. Despois xa foi un non parar ao longo dun ano, mais ou menos, que me levou escribir a maioria dos poemas, pois, alguns xa os tiña escrito tempo atras.
Ver más